Pasar al contenido principal

O acontecemento no pensamento contemporáneo centra un dos cursos de verán da USC para o mes de setembro

O acontecemento no pensamento contemporáneo centra un dos cursos de verán da USC para o mes de setembro
O acontecemento no pensamento contemporáneo centra un dos cursos de verán da USC para o mes de setembro
A actividade desenvolverase os días 6 e 7 no Salón de Graos da Facultade de Filosofía

Política da filosofía: o problema do acontecemento no pensamento contemporáneo é o nome dun dos cursos de verán da USC. A actividade desenvolverase no Salón de Graos da Facultade de Filosofía e está dirixida polo profesor Francisco Conde Soto. O xoves 6 a actividade ábrese ás 9.45 horas coa inauguración do curso, na que estarán presentes o seu director e membros da iniciativa Proxecto Derriba, que participa na súa organización. O primeiro dos relatorios correrá a cargo de Lucía Castro, da Universidade Complutense de Madrid, e leva por título 'Pensar o acontecemento: a proposta de Martin Heiddeger'. A continuación Francisco Conde, director do curso, intervirá para falar sobre psicanálise e acontecemento, nun relatorio centrado nas figuras de Freud e Lacan. A sesión de tarde inclúe dúas conferencias: 'Acontecemento ou a posibilidade do imposible', de Delmiro Rocha, e 'Pierre Bourdieu: O acontecemento no proceso de reprodución social', de Diego Lubián. Ambos os dous pertencen ao Departamento de Filosofía da UNED. A actividade do venres 7 iníciase co relatorio de Abraham Rubín (doutor en Filosofía pola UNED) sobre o desexo do acontecemento en Gilles Deleuze e Félix Guattari, tras o cal Beatriz Blanco (doutora en Filosofía pola UNED) impartira unha charla titulada 'Performatividade e acontecemento na (re)produción dos suxeitos'. Xosé Manuel López, profesor de ensino secundario achegará a súa particular visión da viaxe ao acontecemento desde Eagleton, e o curso péchase co relatorio 'O Marx intempestivo de Daniel Bensaïd', a cargo de Brais González Arribas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 27.08.2012.