O director do Servizo de Publicacións, entre o xurado que elixirá os mellores libros galegos do pasado ano
O cada vez maior peso e presenza da edición universitaria no sector, fortemente esforzada en adaptarse aos novos tempos tecnolóxicos, apréciao o conxunto da sociedade pero tamén o deixan ver as propias editoras publicas e privadas. Partindo desta consideración, e pola súa propia condición profesional de editor, o director do Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago, Juan L. Blanco Valdés, forma parte do xurado dos Premios da Edición 2011 da Asociación Galega de Editores. Xunto a el decidirán cales foron os mellores libros editados o pasado ano en Galicia o crítico Xosé Manuel Eyré, a libreira Isabel Aires, a xornalista Montse Dopico e a bibliotecaria Mary Luz Corral.