O máster en 'Xestión sustentable da terra e do territorio' celebra en Lugo un seminario aberto ao público sobre a nova política agraria común
Impárteo o director xeral de Agricultura da Comisión Europea
O máster en ‘Xestión sustentable da terra e do territorio’ celebra esta venres 17 unha sesión aberta ás persoas interesadas na que se celebrará un seminario sobre ‘A nova Política Agraria Común: oportunidade para a xestión de terras?’. No edificio CACTUS do Campus de Lugo, o encontro comezará ás 11.00 horas.
O director xeral de Agricultura da Comisión Europea, José Manuel Silva, será quen imparta a sesión. Enxeñeiro agrónomo chantadino, Silva ten ocupado diversos postos de responsabilidade, tanto na administración central como na europea, sobre política de investigación así como en asuntos agrícolas