Necesítase máis sangue dos campus universitarios
As doazóns de sangue no conxunto das tres universidades galegas experimentaron na primeira fase deste ano un descenso do 8,2 por cento con respecto ao mesmo período do ano anterior, sendo a baixa especialmente acusada na USC. Mais a comunidade universitaria galega está aínda a tempo de mudar estes datos. O Centro de Transfusión de Galicia comeza este semana coa segunda fase, para o que colocará unha unidade doazón este martes 28 na aula 2 da Facultade de Xeografía e Historia de 10 a 14.30 e de 15.30 a 21.00 horas e outra o xoves 1 de marzo diante da Facultade de Enfermaría tamén durante todo o día. O Centro de Transfusión de Sangue quere recordar que para desenvolver o labor asistencial nos hospitais galegos se necesitan 500 doazóns de sangue ao día.