Pasar al contenido principal

Dereito analizará as diferentes responsabilidades que poidan derivarse dos incumprimentos en prevención de riscos laborais

As ‘Xornadas sobre responsabilidade en materia de prevención de riscos laborais’ celebraranse este xoves 21 de 11.30 a 14.00 horas no Salón de Graos da Facultade de Dereito. O encontro analizará as diferentes responsabilidades que poidan derivarse dos incumprimentos en materia preventiva, dando a coñecer as obrigas das principais figuras que interveñen na empresa, entre elas a dirección e os mandos intermedios. O decano da Facultade de Dereito, Luís Míguez Macho, encargarase da presentación e moderación da xornada, cuxo programa arrancará coa intervención do director xerente de Mutua Universal, Juan José Álvarez Saénz, a quen seguirá o profesor de Dereito Mercantil e do Traballo da USC Joaquín Vidal Portabales co relatorio ‘Responsabilidades en materia de prevención de riscos laborais. Análise dende o punto de vista xurídico’. ‘Responsabilidades en materia de prevención de riscos laborais. Circular 4/2011 sobre criterios para a unidade de actuación especializada do Ministerio Fiscal en materia de sinistralidade laboral’ será o tema que tratará a inspectora de Traballo e Seguridade Social e xefa da Unidade Especializada en Seguridade e Saúde Laboral de Pontevedra, Luisa García Gutiérrez. Deseguido, a xerenta da USC, Lourdes Batán, referirarase á ‘Responsabilidades en prevención de riscos laborais na USC”, quen clausurará ás xornadas logo da celebración dun coloquio.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 20.06.2012.