Pasar al contenido principal

Éxitos individuais e do equipo feminino de natación no campionato galego de categoría máster

Éxitos individuais e do equipo feminino de natación no campionato galego de categoría máster
Éxitos individuais e do equipo feminino de natación no campionato galego de categoría máster

O equipo feminino de natación acadou o cuarto posto no campionato galego de categoría máster celebrado esta fin de semana en Cervo (Lugo). Ademais, destacaron as actuacións das nadadoras do equipo da USC. Así, Zeltia Blanco acadou o ouro en 200 braza e a prata en 50 braza; Rita Cabanelas, ouro en 200 estilos e prata en 50 braza; Luísa Castillo, ouro en 400 libre e prata en 200 estilos; Paloma Herbello, ouro en 200 braza e prata en 400 libre; Lara Teijeiro, ouro en 400 libre e bronce en 50 libre; Elena Brozos, ouro en 400 libre; Paula Prada, prata en 50 bolboreta e prata en 50 libre No grupo masculino Pablo Cabanelas conseguiu bronce en 50 libre e prata en 100 libre; Pablo Castro, bronce en 200 braza e prata en 100 libre; Ernesto Smyth, bronce en 50 libre e prata en 50 braza; David López, prata en 200 bolboreta; e Jorge Mira, bronce en 100 libre. Relevos Por outra banda, o equipo de relevos 4x50 libre feminino acadou a medalla de prata e o de relevos 4x50 estilos masculino o bronce.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 12.06.2012.