Pasar al contenido principal

Remata a sexta edición do programa de préstamo de bicicletas da USC

A Oficina de Desenvolvemento Sostible constata que en cinco anos se duplicou o número de usuarios deste transporte

Remata esta semana en Santiago e Lugo a sexta edición do programa de préstamo de bicicletas que coordina a Oficina de Desenvolvemento Sostible da USC. Nesta ocasión foron 260 persoas, todas elas da comunidade universitaria, as que se beneficiaron da iniciativa durante estes nove meses. Dous centros de Lugo, Veterinaria e a Escola Politécnica Superior, foron os que contaron con maior número de participantes. En Santiago entregáronse máis en Medicina e Odontoloxía e Ciencias Económicas e Empresariais. Das 489 solicitudes de participación recibidas un 90% corresponderon a estudantes, un 5% a persoal docente e investigador e un 3% ao de administración e servizos, unha porcentaxe que se corresponde tamén coa de bicicletas finalmente adxudicadas. O programa é unha iniciativa enmarcada na campaña de mobilidade sostible impulsada hai anos na USC que busca divulgar entre os membros da comunidade universitaria aquelas formas de transporte máis respectuosas co medio ambiente. Ao préstamo súmanse accións de apoio paralelas como descontos na compra de bicicletas e material adicional para os ciclistas en establecementos de Santiago e Lugo ou a elaboración dunha ruta en bicicleta unindo os campus de Compostela. Cambio nos hábitos A Oficina de Desenvolvemento Sostible constata que os hábitos de transporte da comunidade universitaria se van modificando nos últimos anos. Así, nun estudo realizado en decembro de 2011 mentres que un 25% declara que se despraza en automóbil aos seus centros de traballo ou estudo, máis da metade di facelo a pé, un 14% en autobús, un 3% en tren e un 4% en bicicleta, este último un dato que duplica a cifra de 2007. Pero é que o uso da bicicleta non se incrementou só na USC. Nun estudo do Bicicleta Club de Catalunya e a comisión de mobilidade da CRUE un 60 por cento das universidades españolas declararon tamén unha maior presenza da bicicleta nos campus. Respecto aos hábitos, o medio principal de acceso é o automóbil (38%) seguido do transporte público (32%), ir a pé (21%), a bicicleta privada (4%), a moto (3%) e a bicicleta pública (3%).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 12.06.2012.