A promoción 2008-2012 de Relacións Laborais e Recursos Humanos celebra este sábado a súa graduación
A promoción 2008-2012 do grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos celebrarán este sábado 16 o acto de finalización de estudos nunha sesión na Facultade de Relacións Laborais que presidirá o decano deste centro, Juan Ares, no Salón de Graos do centro a partir das 18.00 horas. O punto de partida do acto será a intervención de María Varela e Pedro Dono que tomarán a palabra en representación do estudantado. Tomarán o relevo José Joaquín Vidal e Carlos Javier Álvarez, padriños da promoción, e o presidente do Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, Germán Prieto-Puga. Esta quenda de palabra precederá á entrega de bandas e diplomas conmemorativos e á proxección dun vídeo que lembrará a etapa universitaria desta nova promoción. O decano Juan Ares pechará a sesión.