Pasar al contenido principal

O Seminario en Biopolítica buscará ofrecer respostas a retos da sociedade contemporánea

O Seminario en Biopolítica buscará ofrecer respostas a retos da sociedade contemporánea
O Seminario en Biopolítica buscará ofrecer respostas a retos da sociedade contemporánea

En termos xerais Biopolítica designa un conxunto de saberes, técnicas e tecnoloxías que exercen un control sobre a administración da vida en xeral, e sobre a vida dos seres humanos, en particular. A definición inicia a presentación na rede do Seminario de Biopolítica incorporado na programación da Universidade de Verán 2012. É unha cita que se vai celebrar na Facultade de Filosofía, do 17 ao 20 de xullo, en horario de 16.00 a 20.00 horas. En cada unha das xornadas se combinan sesións de dúas horas de carácter crítico descritivo, para localizar os textos e os temas fundamentais; xunto con laboratorios, durante outras dúas horas, nos que traballar esas ideas de forma práctica, valorando diferentes métodos e ferramentas. As catro xornadas correspóndense con outros tantos bloques temáticos sobre o nacemento da biopolítica, sociedades de control e capitalismo cognitivo; as posibilidades do discurso no capitalismo; natureza e cultura; e aproximación tecnopolíticas á bioeconomía e procomún. Dirixido por Óscar R. de Dios e co profesor Francisco Conde na secretaría, o seminario formula unha serie de liñas transversais mediante as que os seus organizadores tentarán “ abrir unha serie de vías para pensar e poñer en práctica diferentes estratexias fronte ao fenómeno da biopolítica.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 20.06.2012.