O seleccionador nacional de fútbol feminino comentou na USC a próxima cita amigable contra Austria a disputar en Compostela
O seleccionador nacional de fútbol feminino, Ignacio Quereda, participou a pasada semana nunha mesa redonda na Facultade de Filosofía organizada con motivo do partido amigable que enfrontará á Selección Absoluta Feminina de España contra Austria o próximo 15 de febreiro no Estadio de San Lázaro.
No debate interviron ademais a xogadora internacional de fútbol Verónica Boquete; o adestrador Fernando Vázquez, o xogador do R.C. Deportivo da Coruña, Diego Seoane; e Javier Bellido, ex xogador da S.D. Compostela.
O acto estivo organizado polo Servizo de Deportes da Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua, o Concello de Santiago de Compostela e a Fundación USC Deportiva.