Pasar al contenido principal

Estudantes de secundaria e bacharelato de Galicia, Valencia e Catalunya compiten na sétima edición do concurso de cultura clásica Odisea 2012

Procedentes de centros de secundaria e bacharelato de Galicia, Valencia e Catalunya, un total de 2.397 alumnos de 161 centros participan na sétima edición do concurso de Cultura Clásica Odisea 2012, que organiza a Sección Galega da Sociedade Española de Estudos Clásicos. O concurso consiste nunhas preguntas publicadas diariamente na web de SeecGalicia que os concursantes deben responder dende os seus respectivos centros, agrupándose en equipos de ata tres participantes. Na actual edición, as preguntas estarán relacionadas coas viaxes na antiga Grecia e Roma. Na final deste concurso enfrontaranse os vencedores de cada unha das comunidades participantes. Os premios, en metálico, serán entregados o 14 de marzo no marco do Festival de Teatro Grecolatino de Lugo, organizado tamén pola sociedade de Estudos Clásicos. Toda a información atópase en http://www.seecgalicia.org/?q=taxonomy/term/88, ademais de que o concurso se pode seguir en Twitter #odiseaconcurso.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 07.02.2012.