Pasar al contenido principal

O grupo de Radiofísica da USC constrúe o maior detector de Tomografía Computerizada por Raios X existente en España

O sistema completamente ensamblado no laboratorio do grupo durante as probas da electrónica
O sistema completamente ensamblado no laboratorio do grupo durante as probas da electrónica
O sistema permitirá a reconstrución virtual de fósiles pétreos sen extraelos da roca que os contén

O grupo de investigación en Radiofísica da USC construíu o maior detector de Tomografía Computerizada por Raios X dos existentes en España, un sistema de detección de 1,5 metros de lonxitude activa total. É un proxecto desenvolvido ao longo do último ano e medio en colaboración co centro tecnolóxico da Asociación de Investigación Metalúrxica do Noroeste (AIMEN) para a inspección de fósiles a través dun contrato co Institut Catalá de Paleontología (ICP) de Sabadell. O sistema entregarase proximamente a AIMEN para a súa integración e ensamblaxe final en Sabadell.

O traballo do grupo que coordina o profesor Faustino Gómez servirá para a dixitalización de fósiles situando ao ICP entre os centros punteiros de Europa nesta nova tecnoloxía, que permite a reconstrución virtual do fósil dentro da roca sen necesidade de realizar a súa extracción física da roca. O enorme sistema de tomografía, que se instalará nunha sala xa existente do ICP especialmente acondicionada, facilitará a inspección de fósiles pétreos de gran tamaño, de ata 100 centímetros de diámetro, 120 de altura e un peso de 500 quilogramos.

O sistema detector consta dunha matriz lineal de 3840 canles de lectura cun tamaño de pixel de 0,4 milímetros usando Tungstenato de Cadmio segmentado como elemento de detección e permitindo traballar con enerxías de ata 450 Kv. O dispositivo acaba de ser ensamblado nos laboratorios do grupo de Radiofísica na Facultade de Física.

O técnico de electrónica Martín Zapata (sentado) e o enxeñeiro Aurelio Vázquez encargados da cinstrucción do sistema de detección durante a fase final de montaxe

Los contenidos de esta página se actualizaron el 03.02.2012.