Pasar al contenido principal

Presentación da plataforma de farmacoxenómica INNOPHARMA

Un proxecto innovador liderado polos profesores Ángel Carracedo e Mabel Loza

O grupo de investigación de Medicina Xenómica que dirixe o profesor Ángel Carracedo e o de BioFarma da profesora Mabel Loza, ambos os dous da USC, pretenden aproveitar as súas sinerxías no coñecemento de novos mecanismos das enfermidades e do descubrimento temperá de fármacos coa creación da iniciativa INNOPHARMA. Tras moitos anos de aprendizaxe e experiencia, dous grupos altamente competitivos e complementarios únense nunha plataforma orientada á investigación aplicada no Centro singular de Investigación de Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CIMUS) da USC que pretende constituírse nun referente internacional no sector. O proxecto presentarase este luns, 4 de xuño, nunha rolda de prensa na que intervirán o reitor da USC, Juan Casares; o conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra; e os profesores da USC Ángel Carracedo e Mabel Loza. A presentación desenvolverase ás 12.30 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 01.06.2012.