Unha alumna do IES Rosalía de Castro gaña o certame de relato curto da USC
A estudante do IES Rosalía de Castro Ana María Fandiño Argibay é a gañadora do primeiro premio do IX Concurso de Relatos Curtos Cómo te imaxinas na USC? polo seu relato ‘Formiga’. O xurado decidiu outorgar tamén unha mención ao traballo ‘Bolboreta’ de Sebastián Blanco Portals, do mesmo Instituto. A gañadora do premio, que convoca o Programa A Ponte, recibirá un ordenador portátil, mentres que a Sebastián Blanco se lle entregará un teléfono móbil. Os mesmos agasallos corresponderanlle ao instituto ao que pertencen. Os premios entregaranse nun acto público que terá lugar o 29 de xuño no Auditorio Gustavo Freire de Lugo nun acto presidido polo reitor Juan J. Casares Long.