Profesoras da Universidade checa de Masaryk visitan a USC
Dúas profesoras da Universidade Masaryk de Brno (República Checa) visitan esta semana a USC. Alena Simbartlová e Veronika De Azevedo Camacho pertencen ao Centro de Linguas desa Universidade, a segunda máis importante do país despois da Karlova de Praga e que na actualidade conta con 45.000 estudantes, dos que mais de 6.000 foron estranxeiros o curso pasado. O Centro de Linguas de Masaryk atende a case once mil estudantes en nove facultades distintas nas que ademais de español para fines académicos e profesionais, español xurídico e español comercial os estudantes poden aprender outras seis linguas. Erasmus O centro ten tamén como propósito a preparación do alumnado que goce dunha bolsa Erasmus para a súa estadía en España, Gran Bretaña, Holanda, Finlandia e Turquía. A Universidade de Santiago enviou á República Checa a 22 estudantes bolseiros Erasmus no curso 2010-2011 e a 32 no actual. Charla As dúas docentes impartirán este xoves 19 unha charla titulada ‘Linguas Eslavas, os bos ‘ falsos amigos’ que se desenvolverá a partir das 19.00 horas na Facultade de Dereito.