Pasar al contenido principal

Acto de licenciatura en Filoloxía

O reitor Juan Casares presidirá este xoves 26 o acto de licenciatura das titulacións impartidas na Facultade de Filoloxía, concretamente as de Alemá, Clásica, Francesa, Galega, Hispánica, Inglesa, Italiana, Portuguesa e Románica. O acto celebrarase a partir das 17.30 horas no Salón de Actos do propio centro compostelán. O acto de graduación destes 119 novos graduados/as terá o seu inicio na quenda de intervencións dos padriños e madriñas das nove titulacións, Victor Millet pola de Filoloxía Alemá; Juan José Moralejo, de Clásica; Mª Luz Casal e Antón Figueroa, de Francesa; Xosé L. Regueira e Xosé Manuel Salgado, padriños de Filoloxía Galega; Luis Iglesias Feijoo, por Hispánica; Susana Jiménez e Laura Lojo, por Filoloxía Inglesa; Mª Teresa Sanmarco, por Italiana; Elías Torres e Raquel Bello, por Filoloxía Portuguesa; e Mercedes Brea, madriña de Filoloxía Románica.

Logo da actuación musical do Grupo de Acto Aleceia, entregaranse os diplomas conmemorativos e intervirá decana da Facultade, Mª José López Couso, a quen seguirá o reitor para clausurar a sesión.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.04.2012.