Pasar al contenido principal

Enxeñaría Informática organiza o acto fin de grao da súa terceira promoción

Enxeñaría Informática organiza este venres 8 o acto fin de grao da terceira promoción destes estudos, nunha sesión no Salón de Actos da Escola Técnica Superior de Enxeñaría que comezará ás 18.45 horas coa fotografía oficial da promoción e estará presidida pola vicerreitora de Responsabilidade Social e Calidade, Benita Silva. A quenda de intervencións abrirana Borja Vázquez Barreiros e David Táboas González, en representación do alumnado, e continuará da manda de Dora Blanco e Juan Carlos Pichel, madriña e padriño da promoción. O programa continuará co presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia, Marcos J. Mata, e co director do Departamento de Electrónica e Computación, Francisco Fernández, seguidos do director da ETSE, Juan Lema.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 07.06.2012.