Pasar al contenido principal

Xapón, protagonista dunha semana na USC

Estes días está a ter lugar en Santiago a Semana Cultural de Xapón, unha actividade organizada conxuntamente polo Centro de Linguas Modernas da USC e a Embaixada de Xapón. Precisamente, o embaixador nipón en España, Satoru Satoh, asistiu este martes na Igrexa da Universidade a un concerto de koto, instrumento de corda xaponés de orixe china. Tamén na Igrexa o mércores ás 20.00 horas terá lugar unha demostración da tradicional cerimonia de té a cargo de Eiko Kishi, vicepresidenta da Asociación da Comunidade Xaponesa de Madrid, experta ademais en ikebana, caligrafía, koto e dem,ostración de kimono e de Origami (papiroflexia japonesa). Este xoves rematará a semana cun taller do arte en papel origami que se desenvolverá ás 19.30 horas na Aula 15 de Dereito.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 05.06.2012.