Pasar al contenido principal

Acto de graduación da XIV Promoción de Enxeñaría Química

O reitor Juan Casares presidirá este sábado 9 o acto fin de carreira da XIV Promoción de Enxeñaría Química, nunha sesión protocolaria que arrancará ás 11.15 coa realización da fotografía oficial da promoción na Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Santiago (ETSE).

O acto comezará deseguido da man de Adrián Sánchez e Natalia García que falarán representado ao alumnado da promoción, a quen seguirá Marta Carballa Arcos como madriña da promoción. Intervirán a continuación, o director do Departamento de Enxeñaría Química, Gumersindo Feijoo, o vicepresidente do Colexio de Enxeñeiros Químicos de Galicia, Iván Seijo Maroño, e o director da ETSE, Juan Lema. A entrega de diplomas conmemorativos concluirá a sesión

Los contenidos de esta página se actualizaron el 08.06.2012.