Pasar al contenido principal

Un encontro internacional estuda de xeito multidisciplinar a formación e expresión do concepto de identidade

Un encontro internacional estuda de xeito multidisciplinar a formación e expresión do concepto de identidade
Un encontro internacional estuda de xeito multidisciplinar a formación e expresión do concepto de identidade

Máis de cen académicos procedentes de vinte e dous países reuniranse a vindeira semana en Compostela para ofrecer unha análise exhaustiva sobre o concepto da identidade e arredor do papel que as relacións entre linguaxe e sociedade xogan na formación e expresión desa identidade. O grupo de investigación ‘Discourse and Identity’, liderado polo profesor do Departamento de Filoloxía Inglesa e Alemaña Manuel Barbeito Varela, celebrará entre os días 13 e 15 de xuño en Filoloxía a 1st International Conference on the Discourse of Identity. Cun enfoque eminentemente multi e interdisciplinar, se estudarán os procesos lingüísticos e outras estratexias sociais que permiten aos individuos e grupos “(re-) crearse a si mesmos”, apuntan os organizadores. Deste xeito, abordarase este tema dende as ramas da lingüística, a literatura, a socioloxía, a psicoloxía, a historia e os estudos de xénero.

Os conferenciantes plenarios convidados son os profesores Ann Banfield (Universidade de California, Berkeley), Irma Taavitsainen (Universidade de Helsinki), Michael Toolan (Universidade de Birmingham), Ruth Wodak (Universidade de Lancaster) e Laura Alba-Juez (UNED, Spain). Coordina o encontro a profesora Teresa Sánchez, coa tamén docente de Filoloxía Laura Lojo na secretaría. Para máis información, está dispoñible a web http://www.usc.es/congresos/identity/index.html.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 08.06.2012.