Chegan os campionatos galegos de PAS e PDI
O persoal docente e investigador e o de administración e servizos das tres Universidades galegas disputará o vindeiro 31 de maio en Santiago os campionatos galegos universitarios de fútbol sala feminino e dos deportes tradicionais chave, bolos celtas e billarda. Todas as persoas queiran participar nestas xornadas lúdico-deportivas, que comezarán ás 10.00 horas en Campus Vida, deben comunicalo ao Servizo de Deportes antes do día 26 de maio. Quen estea interesado/a en deportes tradicionais deben poñerse en contacto con alexandre.cadarso [at] usc.es (alexandre[dot]cadarso[at]usc[dot]es) na extensión 15077 e para fútbol sala feminino con gonzalo.brenlla [at] usc.es (gonzalo[dot]brenlla[at]usc[dot]es) na extensión 15074.