Pasar al contenido principal

Os reitores deciden non asistir ao Consello de Universidades

Os reitores das Universidades Españolas decidiron este mércores 23 non acudir á reunión do Consello de Universidades, presidido polo Ministro de Educación, Cultura e Deporte, José Ignacio Wert, previsto para a mesma tarde.

A decisión tomouse na xuntanza da Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE) que tivo lugar en Madrid e na que emitiron un comunicado explicando os motivos.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 23.05.2012.