Pasar al contenido principal

A Universidade de Santiago celebra este mércores o Día das Letras Galegas

Editou para a ocasión un volume que recolle unha escolma da correspondencia durante medio século entre Paz-Andrade e Otero Pedrayo

Como cada ano, a Universidade de Santiago de Compostela súmase á celebración do Día das Letras Galegas. Nesta ocasión, o acto literario terá lugar o mércores 16 ás 12.00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca. No acto, o director do departamento de Filoloxía Galega da USC, Francisco Cidrás, presentará o volume Lume de vidas. Valentín Paz-Andrade - Ramón Otero Pedrayo: un dialogo epistolar (1925-1976), editado pola USC baixo a coordinación do profesor Henrique Monteagudo e de Denis Vicente. O libro recolle unha escolma da correspondencia rescatada entre os dous escritores, un total de 86 epístolas que descobren un amplo treito das súas traxectorias vitais, fortemente entroncadas coa realidade histórica e cultural da época. A continuación, o profesor Monteagudo pronunciará unha conferencia con igual título que o libro e que estará acompañada da lectura de diferentes pasaxes da obra do homenaxeado Valentín Paz-Andrade.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 15.05.2012.