Pasar al contenido principal

Un curso da USC analiza os cambios producidos na serra do Courel como consecuencia do abandono dos usos tradicionais

Un curso da USC analiza os cambios producidos na serra do Courel como consecuencia do abandono dos usos tradicionais
Un curso da USC analiza os cambios producidos na serra do Courel como consecuencia do abandono dos usos tradicionais
A actividade forma parte da oferta da Universidade de Verán 2012 e desenvolverase entre o 4 e o 6 de setembro na Estación Científica do Courel

O curso de verán A dinámica da biodiversidade: análise dos cambios consecuencia do abandono de usos tradicionais desenvolverase entre os días 4 e 6 de setembro na Estación Científica da USC na localidade de Seoane do Courel e está dirixido polo catedrático de botánica Javier Guitián. O día 4 a xornada comeza cun relatorio sobre a xeomorfoloxía e a vexetación do Courel, a cargo do catedrático de Xeografía da USC Augusto Pérez-Alberti. A continuación Luís Guitián, profesor de Xeografía da USC, intervirá para falar sobre a relación entre a actividade agrícola e a vexetación da zona. A sesión de mañá complétase cunha charla sobre as unidades de vexetación específicas desta área por parte de Javier Guitián, director do curso. Pola tarde, o propio Javier Guitián coordinará unha actividade de campo para o recoñecemento destas unidades de vexetación. A xornada de mañá do día 5 estará dedicada á elaboración da base cartográfica mediante ferramentas informáticasna Estación Científica do Courel, sesión dirixida por Augusto Perez-Alberti e Luís Guitián Rivera; a actividade completarase pola tarde cun traballo de campo por grupos para a asignación das unidades de vexetación ás unidades cartografadas. Os mesmo profesores coordinarán a actividade do día 6, que consistirá na elaboración do mapa definitivo de cada territorio analizado na Estación Científica do Courel. O curso rematará coa presentación dos resultados e un debate posterior entre todos os asistentes. A actividade consta dun total de 24 horas lectivas, e a matrícula pode realizarse a través da páxina web da Área de Cultura da USC.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 11.07.2012.