Pasar al contenido principal

Milagros Otero Parga, primeira muller académica de número da Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación

A catedrática de Filosofía do Dereito da USC Milagros Otero Parga lerá este venres 13 o discurso ‘Os valores no Dereito’ co que ingresará na Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación, converténdose na primeira muller que o fai como académica de número. No acto, a celebrar ás 19.30 horas na sede da institución (Praza Pintor Sotomayor, s/n - Edificio Consulado da Coruña), actuarán de padriños o avogado e coronel auditor do Corpo Xurídico Militar, Julio Padilla Carballada, e o catedrático da Universidade da Coruña Domingo Bello Janeiro. Contestaralle o discurso o tamén académico Francisco Puy Muñoz. A profesora compostelá foi a primeira e única muller decana da Facultade de Dereito da USC e secretaria da comisión de doutoramento e terceiro ciclo. Conta no seu haber coa Medalla de Prata de Galicia e a Insignia de Oro da Universidade de Santiago e da Facultade de Dereito. Profesora convidada nalgunhas das máis prestixiosas universidades americanas en Bos Aires, Santiago de Chile, Sao Paulo e Montevideo, é asidua conferenciante de numerosas universidades mexicanas e asesora académica da Comisión de Dereitos Humanos e da Escola Xudicial do Estado de México, organismo que a nomeou magister honoris causa.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 12.07.2012.