Pasar al contenido principal

A Sociedade de Lóxica, Metodoloxía e Filosofía da Ciencia en España celebra en Santiago o seu sétimo congreso

O reitor Juan Casares, no centro da imaxe, presidiu a inauguración do Congreso en Filosofía. Foto: Alfonso. Servimav USC
O reitor Juan Casares, no centro da imaxe, presidiu a inauguración do Congreso en Filosofía. Foto: Alfonso. Servimav USC
O recoñecido filósofo Philip Kitcher, que participa no encontro, protagoniza un simposio sobre a súa obra

A Sociedade de Lóxica, Metodoloxía e Filosofía da Ciencia en España (SLMFCE) e o Departamento de Lóxica e Filosofía Moral da Universidade de Santiago organizan o VII Congreso da mencionada sociedade que se desenvolve na Facultade de Filosofía ata este venres. A inauguración do encontro presidiuna o reitor Juan Casares Long e nela participaron ademais o decano da Facultade de Filosofía, Luis García Soto; a presidenta da Sociedade da SLMFCE, María José Frápolli Sanz; o director do Departamento de Lóxica e Filosofía Moral da USC, José Miguel Sagüillo; e a presidenta do comité organizador, a profesora da USC Concha Martínez. Philip Kitcher O congreso que promove a SLMFCE celébrase cunha periodicidade trianual co obxecto de fomentar a integración da área de Lóxica e Filosofía da Ciencia e servir de lugar de encontro a quen traballa nesta área. Como novidade, este congreso incorpora a celebración da serie ‘Conferencias Lullius’ da Sociedade de Lóxica e Filosofía da Ciencia en España que contará coa presenza de filósofos de prestixio que darán a coñecer os seus últimos traballos. Nesta súa primeira edición as conferencias correrán a cargo de Philip Kitcher, catedrático da Universidade de Columbia de Nova York, que intervirá os tres días de duración do congreso en sesión plenaria. Kitcher, recoñecido filósofo inglés, será ademais obxecto dun simposio no que se analizará a súa obra, dedicada á filosofía das ciencias.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 18.07.2012.