A Facultade de Relacións Laborais e Mutua Universal organizan unha serie de seminarios dirixidos a alumnado do grao
O decano da Facultade de Relacións Laborais de Santiago, Juan J. Ares Fernández, e o director territorial de Mutua Universal, Francisco Javier López Borrazás, encabezaron este xoves no centro compostelán unha xuntanza de traballo para desenvolver o vindeiro cuadrimestre unha serie de obradoiros dirixidos a alumnado de grao en Relacións Laborais. A xuntanza asistiron ademais Pedro Sánchez Negreira e José Arriví, ambos os dous en representación da Mutua, así como o vicedecano da Facultade, Carlos Javier Álvarez Fernández. Cunha duración de dúas horas lectivas cada un e impartido por persoal dependente de Mutua Universal, o contido dos seminarios comezará abordando a historia das mutuas e o seu marco normativo, principais servizos e coberturas que prestan ás empresas asociadas e traballadores protexidos. O segundo estará dedicado ás prestacións económicas das mutuas, con atención á actualización do Réxime Xeral, do Especial Agrario, do Especial de Traballadores Autónomos ou do de Empregados do Fogar, entre outros. Para rematar celebrarase un obradoiro práctico de investigación arredor dos accidentes de traballo.