Pasar al contenido principal

Conferencia sobre posicionamento no mercado lácteo na Facultade de ADE de Lugo

Mónica Casas, directora comercial de Feiraco, falará sobre as estratexias de introdución de produtos desta cooperativa leiteira galega

A Facultade de Administración e Dirección de Empresas de Lugo organiza para o martes 20 ás 18.00 horas (aula 5) unha conferencia sobre posicionamento no mercado lácteo. A encargada de impartila será a directora de marketing de Feiraco, Mónica Casas, quen falará sobre as estratexias desta sociedade cooperativa galega para o a introdución dos seus produtos no mercado. Aínda que o encontro está dirixido principalmente aos alumnos dos últimos cursos do grao en Administración e Dirección de Empresas e do máster en Dirección de Empresas que se imparten no centro, a entrada á conferencia será libre para todos os interesados en asistir a ela.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 20.11.2012.