Pasar al contenido principal

O cumprimento das obrigas fiscais centrou un seminario na Facultade de Dereito

O seminario organizouno o Grupo de Investigación da USC en Dereito das Administracións e Entidades do Sector Público
O seminario organizouno o Grupo de Investigación da USC en Dereito das Administracións e Entidades do Sector Público

O Grupo de Investigación da USC en Dereito das Administracións e Entidades do Sector Público, coordinado polo profesor Javier Ferreira e financiado pola Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, organizou esta semana na Facultade de Dereito un seminario sobre a estratexia e o cumprimento das obrigas fiscais. A presidenta do Consello Consultivo de Galicia, Mª Teresa Conde Pumpido-Tourón, foi a encargada de inaugurar o seminario, que impartiu o presidente da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, José María Gómez y Díaz Castroverde.

O encontro contou coa colaboración do Consello Consultivo de Galicia e nel participou numeroso alumnado do Máster en Dereito das Administracións e Institucións Públicas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.11.2012.