Pasar al contenido principal

Dous estudantes da USC, premiados no certame estatal ‘Arquímedes’ de introdución á investigación científica

De dereita a esquerda, Adrián Fernández e Yago Bea
De dereita a esquerda, Adrián Fernández e Yago Bea
Adrián Fernández fíxose co primeiro Premio Máster na Área de Ciencias Experimentais, Exactas e Ambientais e Yago Bea cun accésit

O estudante da USC Fernando Adrián Fernández Tojo, natural de A Coruña, acadou o primeiro Premio Máster na Área de Ciencias Experimentais, Exactas e Ambientais no XI Certame Universitario ‘ Arquímedes’ de Introdución á Investigación Científica dotado con 7.000 euros. O traballo gañador, dirixido polo catedrático de Análise Matemática da USC Alberto Cabada Fernández, leva por título ‘Ecuacións diferenciais con involucións’ e nel, ademais de profundar no estudo destas ecuacións, obtivo por primeira vez na literatura matemática novas funcións matemáticas dando paso así a novas liñas de investigación. Pola súa banda, o estudante gondomareño Yago Bea Besada, da Facultade de Física, fíxose cun accésit na mesma área polo seu traballo de investigación ‘Adición de sabor á correspondencia ADS/CFT’, coa titoría do profesor Alfonso Vázquez Ramallo. Este premio está dotado con 2.000 euros e unha estadía de dúas semanas nalgún centro de investigación do CSIC. O Arquímedes O Certame ‘Arquímedes’ é unha iniciativa posta en marcha pola Dirección Xeral de Política Universitaria do Ministerio de Educación coa finalidade de fomentar o labor investigador e científico entre o alumnado das universidades españolas. Nesta edición, do total de proxectos recibidos –371 de 648 participantes procedentes de 49 universidades españolas– e tras unha exhaustiva avaliación por parte de especialistas procedentes tanto de universidades como de organismos públicos de investigación, unha comisión preseleccionou o mes pasado os 25 estudantes (de 14 universidades) que participarían na fase final que tivo lugar esta semana en Madrid e na que foron premiados os alumnos da USC.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 23.11.2012.