Preséntase en Medicina unha guía de prescrición farmacolóxica en Odontoloxía
O salón de actos da Facultade de Medicina e Odontoloxía acolle este venres 30 ás 13.30 horas a presentación da Guía de prescripción farmacológica en Odontología, da autoría de farmacéuticos e dentistas da USC e do SERGAS. A publicación nace como unha ferramenta para axudar ao odontólogo a prescribir medicamentos no contexto da súa actividade profesional cotiá. No acto intervirán o vicerreitor de Investigación e Innovación , Francisco González García; o vicedecano da Facultade de Medicina e Odontoloxía, Victor Arce; o xerente de Xestión Integrada da Área Sanitaria de Santiago de Compostela do SERGAS, Luis Verde Remeseiro; o presidente do Consello Galego de Odontoloxía e Estomatoloxía, José María Suárez Quintanilla; e a farmacéutica Carmen Durán Parrondo e o profesor Pedro Diz Dios en representación dos autores. Na guía, cuxo responsable de edición é Pedro Diz Dios, participaron ademais os doutores e docentes do Grupo de Investigación en Odontoloxía Médico-Cirúrxica da USC Javier Fernández Feijoo e Jacobo Limeres Posse; a directora de Procesos sen Ingreso e Urxencias do SERGAS, Dolores López Fernández; e Carlos Rodríguez Moreno, do Servizo de Farmacoloxía Clínica do CHUS.