Pasar al contenido principal

A USC afianza a colaboración cos emprendedores galegos no Uruguai

A Universidade de Santiago participou este martes na celebración do Día do Emprendedor Galego no Uruguai, un acto que organizaba a Asociación de Empresarios Galegos do Uruguai (AEGU) coa que a institución compostelá ten asinado un acordo de cooperación cultural, científica e pedagóxica. Neste acto, que contou coa presenza de numerosas persoas que puideron intercambiar impresións por videconferencia, participou o vicerreitor de Estudantes, Cultura e Formación Continua, Francisco Durán; xunto co embaixador de España e ex conselleiro de Cultura, Roberto Varela; da directora do Centro de Formación da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento, Violeta Domínguez; do profesor da USC Vicente Peña; e do presidente de AEGU, Jorge Expósito. Está prevista ademais unha charla do enxeñeiro Enrique Baliño sobre o factor de liderado. O acordo entre a USC e AEGU establece o marco de colaboración para, entre outros aspectos, realizar estudos formativos de docentes e estudantes, intercambiar información e documentación, cursos de grao e posgrao e publicacións e proxectos científicos.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 28.11.2012.