Pasar al contenido principal

Jesús López Romalde tomou posesión como vicerreitor de Titulacións e Persoal Docente e Investigador

O reitor saúda ao novo vicerreitor antes de comezar o acto
O reitor saúda ao novo vicerreitor antes de comezar o acto

O profesor da Facultade de Bioloxía Jesús López Romalde comezaba a súa intervención na toma de posesión como novo vicerreitor de Titulacións e Persoal Docente e Investigador da USC asumindo que acepta o reto “nun contexto complicado” para, deseguido, comprometerse a traballar para lograr “as mellores solucións e levar a bo termo os asuntos que aínda quedan pendentes”. Nun concorrido acto no Salón de Graos do Colexio de San Xerome o reitor mostrouse convencido de que o novo vicerreitor será quen de atopar solucións nun momento como o actual “de inquedanzas e incertezas”. Precisamente por iso, dixo, “agradézolle a súa xenerosidade por prestarse a asumir un cargo de tanta responsabilidade”. López Romalde colle así o relevo da anterior responsable desa Vicerreitoría, a profesora Carmen Fernández Morante, e faino desde a dirección do Centro de Posgrao, cargo que ocupaba dende hai meses. O novo vicerreitor é catedrático de Microbioloxía e na actualidade lidera tres proxectos de investigación relacionados con patoloxía de moluscos e virus entéricos. Antes de dirixir o Centro de Posgrao da USC foi secretario do Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía. A toma de posesión congregou a numerosos membros da comunidade universitaria A toma de posesión tivo lugar no Salón de Graos do Colexio de San Xerome

Los contenidos de esta página se actualizaron el 28.11.2012.