O Consello de Goberno aproba o plan de estudos do futuro Grao de Criminoloxía
O Consello de Goberno da USC aprobou este venres 9 o plan de estudos do Grao de Criminoloxía para elevalo agora ao Consello Galego de Universidades e proceder á súa verificación co propósito de que se imparta no próximo curso 2013-2014. Na mesma xuntanza aprobáronse novos másteres e modificáronse algúns dos que actualmente se están impartindo. Tamén se deu o visto bo á oferta de programas de doutoramento para o vindeiro curso como consecuencia da aplicación da nova normativa, resultando un total de 46 programas que cobren todas as áreas de coñecemento.