Pasar al contenido principal

A USC oferta un novo prazo de matrícula en titulacións con prazas libres

A Universidade de Santiago mantén aberto ata este mércores 31 de outubro un novo prazo de matrícula en titulacións que aínda teñen prazas vacantes, cinco en Santiago e dez en Lugo, para o alumnado que reúna os requisitos para iniciar estudos. En Santiago ofértanse os graos de Filoloxía Clásica, Filosofía, Lingua e Literatura Galega, Matemáticas e Xeografía e Ordenación do Territorio. En Lugo hai prazas aínda en Administración e Dirección de Empresas, Ciencias da Cultura e Difusión Cultural, Relacións Laborais e Recursos Humanos, Lingua e Literaturas Españolas, Enxeñaría Agrícola e do Medio Rural, Enxeñaría Civil, Enxeñaría das Industrias Agroalimentarias, Enxeñaría en Xeomática e Topografía, Enxeñaría Forestal e do Medio Natural e Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais. A matrícula deberá formalizarse a través de internet ou, cando non sexa posible, na Unidade de Xestión Académica correspondente a cada titulación en horario de 9.00 a 14.00 horas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 30.10.2012.