Pasar al contenido principal

O líder da colaboración LHCb do CERN presidiu na USC o tribunal dunha tese

Puierluigi Campana, no centro, presidiu a defensa da tese de Xavier Cid. Foto: Alfonso (SERVIMAV)
Puierluigi Campana, no centro, presidiu a defensa da tese de Xavier Cid. Foto: Alfonso (SERVIMAV)
A investigación doutoral de Xabier Cid Vidal constitúe un resultado importante dentro do programa científico do colisionador

O líder da colaboración LHCb do CERN, Puierluigi Campana, presidiu este venres 26 na Facultade de Física o tribunal da tese doutoral de Xabier Cid Vidal, do Departamento de Física de Partículas, codirixida polos profesores da USC Jose Angel Hernando Morata e Bernardo Adeva Andany. Xunto con Campana desprazáranse a Compostela os investigadores do CERN Thomas Ruf e Frederic Teubert, que formaban parte tamén do tribunal. O LHCb é un dos catro grandes experimentos instalados no colisionador LHC do CERN e nel participa a Universidade de Santiago. O traballo de doutoramento constitúe un resultado importante dentro do programa científico do colisionador, que serviu para excluír, empregando datos do acelerador, a presenza dunha clase determinada de partículas de alta masa (chamadas supersimétricas) que foron postuladas en distintas teorías. Para lograr o resultado do traballo, destacado recentemente pola revista de divulgación Courrier do CERN, o investigador explorou desintegracións do quark b (beauty) en dúas partículas penetrantes chamadas muones.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 26.10.2012.