Pasar al contenido principal

A Oficina de Análise de Reclamacións trasládase ao Pavillón Estudantil

A Oficina de Análise de Reclamacións trasládase ao Pavillón Estudantil
A Oficina de Análise de Reclamacións trasládase ao Pavillón Estudantil

A Oficina de Análise de Reclamacións (OAR) da Universidade de Santiago acaba de trasladarse ao primeiro andar do Pavillón Estudantil, no Campus Vida. As novas extensión telefónicas son 14550, 14551 e 14557 e o correo electrónico oarmp [at] usc.es (oarmp[at]usc[dot]es). A Oficina de Análise de Reclamacións é a responsable de canalizar e dar resposta ás suxestións e queixas que faga o estudantado en relación ao funcionamento dos servizos docentes, administrativos e de apoio da USC. Tamén ofrece á comunidade universitaria un sistema aberto ás opinións e suxestións en orde a mellorar a xestión académica e, por extensión o servizo público que presta a USC. Á OAR lle compete a tramitación e proposta de resolución dos recursos que teñen que ver cos procedementos de xestión académica tramitados nas distintas unidades administrativas da USC como validacións, adaptacións, anulacións de matrícula, admisións, simultaneidades, subvención de prezos, apoio titorial extraordinario, revisión de cualificacións e recoñecemento de estudos cursados en programas nacionais ou internacionais.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 05.10.2012.