Pasar al contenido principal

Claudio Rodríguez Fer fala sobre sobre o poeta José Ángel Valente no instituto Cervantes de Marrakech

Claudio Rodríguez Fer (esquerda) e Juan Goytisolo, durante un acto no instituto Cervantes
Claudio Rodríguez Fer (esquerda) e Juan Goytisolo, durante un acto no instituto Cervantes
Rodríguez Fer, escritor e profesor na Facultade de Humanidades de Lugo, é tamén o director da cátedra José Ángel Valente de Poesía e Estética da USC

O escritor e profesor da Facultade de Humanidades do Campus de Lugo Claudio Rodríguez Fer, director da cátedra José Ángel Valente de Poesía e Estética da USC, intervén en dous actos na cidade marroquí de Marrakech os días 8 e 9 de outubro, xunto ao tamén escritor Juan Goytisolo. O luns 8, Rodríguez Fer falará no Instituto Cervantes de Marrakech con motivo da conmemoración do quinto aniversario da creación da biblioteca José Ángel Valente desta institución, en cuxa inauguración xa participara xunto ao escritor Juan Goytisolo, residente na cidade marroquí. Neste acto pronunciará a conferencia ‘José Ángel Valente ou o encontro entre Oriente e Occidente’ precedido por unha intervención de Juan Goytisolo, autor do libro Ensayos sobre José Ángel Valente, publicado pola USC en edición do propio Claudio Rodríguez Fer. O martes 9 falará e recitará na biblioteca Dar al-Ma'mûn, situada nunha residencia de escritores e artistas próxima a Marrakech, onde intervirá co relatorio ‘Da Galicia mourisca ao Marrocos galaico’, ademais de desenvolver un recital en galego da súa propia obra poética, que será tamén lida en árabe e en francés, extraída principalmente do seu libro Unha tempada no paraíso. Claudio Rodríguez Fer xa interveu anteriormente en varias ocasións en congresos e conferencias en Marrocos, e dirixiu unha tese de doutoramento sobre Valente e a mística sufí publicada tamén pola cátedra José Ángel Valente, e con prólogo en galego, español, francés e árabe do seu director. Rodríguez Fer, ante un cartel coa imaxe do poeta José Ángel Valente

Los contenidos de esta página se actualizaron el 08.10.2012.