Pasar al contenido principal

Novas charlas do seminario do Departamento de Matemática Aplicada da USC

O Departamento de Matemática Aplicada organiza esta semana dúas novas charlas a cargo do profesor Jiří Jarušek, da Academia de Ciencias da República Checa, e de María Luisa Rapún, da ETSI Aeronáuticos da Universidade Politécnica de Madrid. As primeiras serán este martes ás 11.00 horas na Aula de Informática 5 da Facultade e retransmitiranse por videoconferencia na Sala de Xuntas da EPS de Lugo. Intervirán Jiří Jarušek con ‘Unilateral dynamic contact problems without friction’ e María Luisa Rapún con ‘Hybrid topological derivative and gradient-based methods for electrical impedance tomography’. A terceira charla terá lugar o xoves 18 ás 12.00 horas na Aula de videoconferencia do Departamento de Análise Matemática e novamente se poderá seguir na Sala de Xuntas da EPS. Nesta ocasión, o profesor Jarušek falará de ‘Frictional thermoviscoelastic contact problems’.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 15.10.2012.