Pasar al contenido principal

Especialistas internacionais profundan no Idega sobre cómo medir cuestións clave no turismo

O GAME-IDEGA organiza unha xornada internacional sobre a Medición e Análise do Turismo

Cuestións claves e medibles para o turismo como os bens culturais, o mercado de traballo e o impacto económico serán tratadas este mércores 10 nun seminario internacional vinculado a o proxecto ‘Efectos distributivos e impacto económico da actividade turística en Galicia’ financiado pola Dirección Xeral de I+D da Xunta de Galicia. Este primeiro seminario de Medición e Análise do Turismo organizado polo Grupo de Análise e Modelización Económica do IDEGA na Universidade de Santiago contará coa participación de especialistas procedentes de prestixiosas universidades tanto nacionais como internacionais. Nomeadamente, destaca a presenza do profesor emérito da Universidade Surrey, Brian Archer, e do profesor Casiano Manrique, da Universidade das Palmas de Gran Canaria, que foi administrador xeral do Goberno de Canarias (en excedencia) e responsable da Área Internacional da caixa Canarias desde 1990 a 1992. Briach Archer desenvolveu series de modelos de multiplicadores rexionais, tanto dende unha perspectiva macroeconómica como dende o análise input-output. Os seus estudos demostraron o amplo alcance dos modelos empregados pero o seu uso máis importante foi para o análise do impacto do turismo en diversos países e rexións, ata 40 diferentes. Foi consultor no Banco Mundial, no Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento, na Organización Mundial do Turismo e na Commonwealth Secretariat, así como conselleiro especial sobre Turismo na House of Commons Select Committee. É autor de máis dun centenar de artigos, reportaxes e libros, ademais de participar en conferencias, coloquios e seminarios en máis de 60 países. Serán Archer e Manrique os encargados de inaugurar este encontro ás 10.30 horas no Idega con relatorios sobre os estudios de impacto económico e os modelos de negocio aplicados ao eido de turismo.O seminario continuará co desenvolvemento de tres sesións sobre modelización do turismo, bens culturais e mercado de traballo; estudos de impacto económico; e edición e estimacións da demanda turística.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 09.10.2012.