Pasar al contenido principal

As Xornadas de Propiedade Industrial celebran este venres a súa cuarta edición en Dereito

Desenvolveranse na Facultade de Dereito con inscrición gratuíta organizadas polo Instituto de Dereito Industrial (IDIUS) e polo Centro de Estudos e Documentación Europeos (CEDE) da USC

O Instituto de Dereito Industrial da USC (IDIUS) organiza a IV Xornada de Propiedade Industrial, que se celebrará no Salón de graos da Facultade de Dereito este venres 26 a partir das 9.15 horas. Como en edicións anteriores, participarán investigadores internacionais e nacionais sobre o Dereito da propiedade industrial, un campo no que a USC conta co equipo de expertos de maior relevancia en España, cunha importante repercusión internacional. Na xornada participarán a xefa de Área de Cooperación Internacional e Relacións cos Tribunais da OEPM, Silvia Navares González; o catedrático de Dereito Mercantil da Universidade de Bolonia, Alberto Musso; o director do IDIUS, José A. Gómez Segade; o catedrático de Dereito Mercantil da Universidade de Vigo, Tato Plaza; e a profesora da Universidade do Minho, Maria Miguel Carvallho. O programa do encontro abordará diferentes problemas, dende a perspectiva do dereito da Unión Europea, feito que xustifica a participación na mesma do Centro de Estudos e Documentación Europeos da USC (CEDE-USC). Baixo a dirección da profesora María del Mar Maroño e dos profesores Ángel García Vidal e Javier Framiñán, a Xornada conta coa colaboración do Goberno de España por medio da Oficina Española de Patentes e Marcas (OEPM).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.10.2012.