Pasar al contenido principal

O Manual de higiene oral para personas con discapacidad achega información útil para profesionais, familiares e coidadores

O vicerreitor de Investigación e Innovación presidiu a presentación deste nova obra. Foto: Alfonso-Servimav
O vicerreitor de Investigación e Innovación presidiu a presentación deste nova obra. Foto: Alfonso-Servimav
Trátase dun volume, pioneiro no seu ámbito, elaborado por profesionais e investigadores da USC e o Sergas

Manual de higiene oral para personas con discapacidad é unha obra pioneira que proporciona información útil sobre coñecementos e habilidades básicas a todas aquelas persoas que participan en actividades de hixiene e prevención en saúde oral no ámbito das persoas con discapacidade. Este é un volume dirixido aos profesionais da saúde oral, familia, coidadores e a todas aquelas persoas que participan da idea de que unha boca saudable é indispensable para alcanzar e manter estándares de saúde xeral. A obra presentouse este venres 26 no Salón de Actos da Facultade de Medicina e Odontoloxía. Presidido polo vicerreitor de Investigación e Innovación, Francisco González, ao acto asistiron ademais do decano do centro, Juan Gestal, representantes do Sergas, dos colexios profesionais de Odontoloxía e de Hixienistas Dentais de Galicia e da Federación de Asociacións en Favor das persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia. Os autores son ademais de Jacobo Limeres, odontólogo da Unidade de Pacientes Especiais do Departamento de Estomatoloxía da USC, a técnica superior en Hixiene Bucodental do Sergas Mª Esther Pérez e o odontólogo de Atención Primaria do Sergas e da Unidade de Pacientes Especiais da USC Javier Fernández Feijoo. O profesor Pedro Diz Dios é o editor do volume.

Como se puxo de manifesto na presentación “a hixiene oral metódica e eficaz, representa a pedra angular dos coidados orais preventivos”, apunta o profesor Diz Dios, quen tamén sinala que as enfermidades da boca constitúen un problema de saúde que afecta practicamente a toda a poboación discapacitada. Como explica, estes pacientes presentan xeralmente “unha hixiene oral deficiente”, con acumulación de restos alimenticios, favorecidos con frecuencia “por unha masticación pobre e unha dieta branda e rica en hidratos de carbono e azucres refinados”, o que orixina unha elevada prevalencia de caries e enfermidades das encías.

O libro, pioneiro no seu ámbito, pon a énfase igualmente na necesidade de prestar atención ás persoas con discapacidade severa, nas que as complicacións bucais poden condicionar a inxesta alimentaria e mesmo chegar a provocar alteracións condutuais, o que pode afectar á súa vez a “ comprometer o estado nutricional do paciente e a súa relación co contorno”. A presentación celebrouse na Facultade de Medicina. Foto Alfonso-Servimav

Los contenidos de esta página se actualizaron el 26.10.2012.