Pasar al contenido principal

Profesionais e investigadores en implantoloxía oral reúnense en Santiago no II Congreso Internacional da Sociedade Científica de Odontoloxía Implantolóxica

A USC colabora na organización do II Congreso Internacional da Sociedade Científica de Odontoloxía Implantolóxica que reunirá en Santiago entre os días 25 e 27 aos máis destacados expertos nacionais e internacionais en implantaloxía oral. A excelencia clínica, a innovación e a investigación científica son as constantes sobre as que se articula a formulación deste encontro internacional que continua a traxectoria dunha sociedade nova pero cun claro compromiso coa calidade na formación continuada. De xeito paralelo ao congreso, na xornada do venres 26 desenvolveranse dous talleres clínicos dedicados á elevación de seno e á cirurxía piezoeléctrica, e outros dous cursos orientados especificamente a hixienistas e protésicos, estes dous últimos o sábado 27. A implantoloxía oral é unha disciplina da Odontoloxía recente, que ten alcanzado unha enorme repercusión na actualidade, tanto polas solucións estéticas que pode ofrecer aos pacientes, como pola súa efectividade na rehabilitación funcional. O programa reúne un abano de profesionais e investigadores que presentarán as súas achegas en diferentes ámbitos, prestando especial atención a temas como os tratamentos multidisciplinares, as solucións dixitais en implantoloxía, a rexeneración ósea, a rehabilitación estética, novos retos terapéuticos o a implantoloxía dental guiada asistida por ordenador, entre outros asuntos.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 04.10.2012.