Salvador García-Bodaño recibe este martes a Insignia de Ouro da Universidade de Santiago
O escritor e académico Salvador García-Bodaño Zunzunegui recibirá este martes 18 a Insignia de Ouro da Universidade do Santiago. Será o reitor Juan Casares quen lla impoña nun acto a desenvolver este martes 18 ás 13.00 horas no Salón de Graos do Colexio de San Xerome.
Foi a sección de Cultura, Arte e Educación do Ateneo de Santiago quen propuxo á USC a concesión desta distinción ao seu presidente, que mantén estreitos lazos coa Universidade e destaca polo seu intenso labor a prol da cultura galega.