Este martes entréganse os premios do I Concurso de Relatos Curtos contra a Violencia de Xénero
A Oficina de Igualdade de Xénero celebrará este martes 11 o acto público de entrega dos premios do I Concurso de Relatos Curtos contra a Violencia de Xénero. Presidido polo reitor Juan Casares Long, o acto será ás 17:30 horas na Sala de Profesorado da Facultade de Xeografía e Historia. Dos 105 relatos participantes o xurado –composto por dona Teresa Moure Pereiro, don Manuel Núñez Singala e dona Manuela Palacios González– elixiu sete finalistas, que recibirán un diploma acreditativo e serán incluídos nunha próxima publicación. Deses sete fíxose co primeiro premio Ismael Ramos Castelo polo traballo ‘A muller do escritor’. Ademais, concédense accésits a Adriana Grela del Río por ‘Presentimento’, a Ignacio Nicolás Fernández por ‘O Príncipe herdeiro e o medio dragón’ e a Julia Ammerman Yebra por ‘Trocando a realidade’.