Pasar al contenido principal

A Facultade de Química homenaxea a Antonio Casares

A Aula Magna de Química, que agora leva o nome de Antonio Casares, acolleu a presentación do libro homenaxe e a conferencia sobre o pai da Química moderna. Foto: Alfonso-Servimav
A Aula Magna de Química, que agora leva o nome de Antonio Casares, acolleu a presentación do libro homenaxe e a conferencia sobre o pai da Química moderna. Foto: Alfonso-Servimav

A Facultade compostelá de Química homenaxeou este mércores 12 ao que fora pai da Química moderna en Galicia, Antonio Casares, no ano en que se cumpren douscentos anos do seu nacemento. O acto, presidido polo reitor Juan Casares, comezou co descubrimento dunha placa conmemorativa na Aula Magna do centro en honra do profesor, que a partir de agora dará nome a ese espazo. No descubrimento estiveron presentes as decanas e decanos das facultades que promoven a celebración do Ano Casares Rodríguez na USC, como son Física, Bioloxía, Medicina, Farmacia, Matemáticas e Química. A seguinte etapa da sesión foi a presentación do libro sobre Antonio Casares editado para a ocasión por Ensinantes de Ciencias de Galicia (ENCIGA) e que contou coa presenza do presidente deste colectivo, Paulino Estévez Alonso. A continuación, o catedrático do Departamento de Química Inorgánica da USC, Manuel Rafael Bermejo Patiño, pronunciou a conferencia ‘Antonio Casares como químico’. Xunto ao reitor, tamén estiveron presentes o decano da Facultade de Química, Ramón Estévez Cabana, e o decano do Colexio de Químicos de Galicia, Antonio Macho Senra. Científico pioneiro Antonio Casares, que foi reitor da USC entre 1772 a 1888, foi un científico innovador pioneiro cunha importante achega científica en moi variados campos, non só na Química. Así, destacan os seus traballos en espectroscopía, análise de augas e viños, anestésicos ou ditames periciais, ademais de ser quen descubriu os minerais Morenosita e Zaratita, o primeiro que xerou luz eléctrica en España (nun experimento realizado no claustro da Facultade de Xeografía e Historia) e quen montou o primeiro observatorio meteorolóxico de Galicia. De dereita a esquerda: Ramón Estévez, Juan Casares, Mª Victoria Otero, Manuel Bermejo, Mª Isabel Sandez, Juan Gestal, Mª Luz González Caamaño e Luis M. Varela Cabo. Foto: Alfonso-Servimav Na presentación do libro interviron, de esquerda a dereita, Paulino Estévez, Ramón Estévez, Juan Casares, Antonio Macho e Manuel Bermejo. Foto: Alfonso-Servimav

Los contenidos de esta página se actualizaron el 12.12.2012.