Pasar al contenido principal

O Servizo de Deportes da USC comezará 2013 con rutas de sendeirismo pola Ribeira Sacra e As Pontes

O Cañón do Sil é a primeira etapa dunha ruta pola Ribeira Sacra luguesa que abrirá os propostas de sendeirismo da USC en xaneiro de 2013. Nese mesmo mes está tamén programada outra polas Fragas de Ribeira e Lostregal (As Pontes), de 18 quilómetros e dificultade media. No primeiro caso, o sábado 19 de xaneiro de 2013 percorrerase parte do sendeiro homologado PR-G157, de Doade ata Vilardemouros. O camiño transcorre pola parte alta das Terras de Lemos, ao carón do canón do Sil. Co inicio da andaina en Doade, parroquia de Sober, a ruta posúe un elevado interese paisaxístico, natural e cultural. Tamén destaca a biodiversidade da ruta nesta zona, claramente influenciada polo clima mediterráneo. Os camiños en xeral son moi bos, salvo un tramo de un quilómetro no que compre prestar atención, xa que o sendeiro é sinuoso e algo complicado. A segunda proposta do mes, sobre o sendeiro homologado PR-G147, ten un alto valor natural xa que durante o percorrido visitaranse fermosas fragas nun excelente estado de conservación, próximas ao encoro de Ribeira no concello de As Pontes. A zona atópase entre o parque natural de Fragas do Eume e o LIC Serra do Xistral. Para acadar máis información, as persoas interesadas poden visitar a web do Servizo de Deportes.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 18.12.2012.