Pasar al contenido principal

Relacións Laborais organiza unha xornada que mostrará ao seu alumnado o funcionamento de Acciona Instalaciones

Estudantes de grao e máster, profesorado, mandos intermedios, persoal de recursos humanos e toda persoa interesada nos recursos humanos son os destinatarios dunhas xornadas o vindeiro día 16 sobre as relacións laborais na empresa privada que analizarán o caso da empresa Acciona Instalaciones, organizadas pola Facultade de Relacións Laborais de Santiago. A misión desta acción formativa é ofrecer ao alumnado do centro a organización interna e funcionamento dunha empresa privada e particularmente do seu departamento de recursos humanos. Ademais, no desenvolvemento do programa, as programas que se inscriban poderán coñecer as particularidades da organización e funcionamento da asesoría xurídica e da área de prevención de riscos laborais de Acciona Instalaciones. Como relatores intervirán os responsables de Recursos Humanos e da Asesoría Xurídica de Acciona, así como o de Prevención de Riscos Laborais e un técnico do Servizo de Protección Persoal. En total cubrirán unha xornada de tres horas de carga docente na que mostrarán de primeira man a realidade que se atoparán os futuros profesionais no mercado laboral.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 04.10.2012.