Pasar al contenido principal

O profesor Rubén Lois presenta en Mali un estudo sobre a ordenación e planificación territorial en África Occidental

O catedrático da USC Rubén Camilo Lois González desprazarase esta semana ata a Bamako, a capital de Mali, para asistir á presentación da edición francesa da publicación Ordenación e planificación territorial en África Occidental: Cabo Verde, Senegal e Mali que el mesmo coordinou. A obra, tamén publicada en portugués e castelán, recolle os resultados obtidos no marco do proxecto ‘Deseño de instrumentos económico-territoriais para a xestión administrativa do desenvolvemento local en Senegal, Cabo Verde e Mali’ financiado pola Axencia Española de Cooperación para o Desenvolvemento. A presentación desenvolverase na reitoría da Universidade de Bamako nun acto ao que asiste o seu reitor e representantes da embaixada e da cooperación española en Mali.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 31.10.2011.