Pasar al contenido principal

Un grupo da USC participa nun proxecto de transferencia de coñecemento á FP no campo da biotecnoloxía

Elixido polo Ministerio na súa convocatoria de axudas a centros de FP para investigación e innovación

O grupo de parede celular do Departamento de Fisioloxía Vexetal da USC participa nun proxecto de transferencia do coñecemento á Formación Profesional que acaba de recibir o apoio do Ministerio na primeira convocatoria de axudas a centros de FP para investigación e innovación. O obxectivo desta colaboración –cun financiamento de 133.632 euros- é a caracterización de plantas autóctonas por métodos de bioloxía molecular e o estudo da súa variabilidade en diferentes ecosistemas. As técnicas desenvolvidas na Universidade compostelá, baixo a dirección do investigador Parga Pondal Javier Sampedro Jiménez, empregaranse en prácticas innovadoras a realizar no Centro de Formación Profesional Politécnico de Santiago, o Instituto Politécnico Jesús Obrero de Vitoria-Gaszteiz e o Instituto de Formación Profesional Superior Don Bosco de Errentería (Guipuzcua). Para a caracterización de especies utilizarase a amplificación de secuencias de DNA diferenciadoras coñecidas como códigos de barras xenéticos, mentres que a diversidade intraespecífica analizarase mediante amplificación aleatoria de DNA polimórfico.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 31.10.2011.